Saltar ao contido principal

30 XANEIRO

 O Día da Paz organizamos no centro unha performance tomando como referencia ó artista español ANTONI MIRALDA . O alumnado de 2ºESO  có profesor de Educación Física realizaron uns exercicios de acrosport formando as figuras dun tanque e dunha pomba.

O coro de Primaria colaborou cantando a canción "Vou cambiar o mundo".O alumnado de Infantil e Primaria fixeron unha actuación chamada "O baile da Paz".

Tamén fixemos un mural a cargo do alumnado voluntario de Primaria.

Na entrada hai unha exposición de libros relacionados coa a temática da Paz e a non violencia.









Publicacións populares deste blog

A NENA LECTORA.

 "A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade.  O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora",  tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada. 

UNHA CANTERA DE ESCRITORAS E ESCRITORES

 

LECTURA O PRINCIPE FELIZ