22/1/24
Aquí estamos de novo para dar a coñecer as nosas impresións do novo grupo.
A experiencia de compartir mesa entre profesorado e familias para tratar outros temas que non son os profesionais sempre é positiva, pois todas/os vimos co noso bagaxe, e a conversa convértese nunha serie de impresións dende diferentes lugares. O bo das lecturas conxuntas e as bagaxes é que a conversa ramifícase, crece, e as pólas ás que chegamos son impredicibles.
O libro, en xeral, gustou máis ca o anterior do mesmo autor con Leo Caldas como protagonista, pois o argumento semellaba moito máis elaborado. Comentouse que foi unha lectura sinxela e entretida á par, que mantiña o misterio ata o final do libro, se ben os personaxes, comentou un dos integrantes, son arquetípicos e sen moita diversidade.
Tras esta lectura, só nos queda un dos libros protagonizados por Leo Caldas. Será a primeira lectura do curso que vén?
O final da reunión dedicámolo a facer diferentes propostas para o segundo trimestre, que foron as que seguen:
La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Jöel Dicker.
La ciudad de los vivos, Nicola Lagioia.
Los ecos del pantano, de Elly Griffiths.
Por último, propúxose tamén o libro Unha historia que non vou contar, de Cid Cabido, que se descartou por problemas para atopalo.
O libro escollido, tras unha votación moi igualada, foi La ciudad de los vivos, aínda que varios compoñentes lemos tamén La cena despois da pinta que nos tivo tras a presentación que se fixo.Volveremos coas nosas reflexións sobre o libro (ou libros!).
Un saúdo, e lede moito! 📖
