Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Boas festas

O noso grafitti xa colleu forma e presentaba este aspecto despois das vosas colaboracións:       ANTES                           DESPOIS                                     

Queres pertencer ao voluntariado?

Temos á disposisción do alumnado de 5º e 6º de Primaria, e a toda a ESO, uns impresos na biblioteca para que poidades pertencer ao voluntariado da biblioteca. Tal voluntariado realizará tarefas de ordenar libros, aconsellar, difundir a labor na biblio e todas as que se nos ocorran á Comunidade Educativa. Se queres acércate e pide o teu impreso, pero dáte présa , xa que temos que ter os impresos antes de marchar de parón navideño. É a primeira vez que nos atrevemos a solicitar o de primaria, e nos anos anteriores o do alumnado da ESO deu bos resultados. Para máis información preme aquí e accederás á convocatoria

Lecturas para o Nadal 2018

Non pode faltar a nosa contribución para este parón. Tendo en conta a frase Recollimos unhas lecturas aconselladas Algúns destes exemplares están na biblio, pero outros haberá que buscalos noutros andeis.

Felices festas

Temos na biblio un graffiti no que podes desexar o mellor para este 2018 que remata e a aparición do 2019. Queres facer a túa aportación? pois acércate e ilústranos! e senón, mira o traballo dos demais.

Chegada de novidades

Chegaron uns libros novos para ser incorporados na biblioteca. Esperamos incorporalos ao noso catálogo este luns, e que poidades facer uso deles coa maior brevidade posible. Recordade que para calquera cousiña, podedes preguntar a calquera persoa do equipo de biblioteca.

Escritora do mes: Enid blyton

Este mes de decembro estará adicado á escritora Enid Blyton (1897-1967). Muller londinense que firmou mais de setecentas novelas xuvenís. Temos un total de dezaséis rexistro dela na biblioteca, dos que compartimos unha foto. Achégate á biblioteca e faite con un exemplar para estas vacións. Para máis información: - http://www.editorialjuventud.es/blytonbiogr.htm

Bibliotecas dixitais importantes

     Compartimos con vos as 22 bibliotecas dixitais mais importante de España. Se pulsas na imaxe irás á entrada na que fala das 22. Nesas está a nosa Galiciana        Sen embargo, se o que queres é libros de lectura, recordamos que podes facerte socio de GaliciLe, na que o requisito para facerse socio ou socia é o de ser socio/a dunha biblioteca pública, e dende alí fanche os trámites. Dentro desta plataforma está a propia GaliciaLe para préstamos en Galego e Ebiblio Galicia , para préstamos en castelán.      Esperamos que as disfrutedes

Weeblebooks

   Weeblebooks , é unha biblioteca gratuíta dixital. Como eles din: "Creemos en una educación al alcance de todos, más divertida, moderna, creativa, y sin barreras económicas o geográficas."     É, polo tanto, un equipo creado para divertirse lendo. Cuns libros catalogados por idades +3 +6 +8 +10 e varias temáticas, podes encontrar cousiñas interesantes.     Ademais dispón de web e app para android. Está todo moi ben explicado e ten unha sinxela manipulación.

O noso monte

   Exposición realizada para apoiar o programa Voz Natura. Estará en continuo cambio, pero presente durante o longo do curso, nas súas variantes e ofertando actividades.    Esta é a actividade actual en relación coa exposición.

Celebrando Samaín dende a biblioteca

  Para conmemorar esta celebración, puxemos na biblio este recuncho:  Escribimos historias de medo? cun xogo de dados e modelos para facer historias terroríficas.         Os contos resultantes  da actividades teñen esta semana para lelos  e darlle un "like"    

Benvida ao curso 2018-2019

O equipo de biblioteca deséxavos un bo comezo de curso: Benvidos/as no curso 2018-2019 de Ariberna OU Teremos sorpresas novas este curso, que se están cocendo...

Entrevista con Naím Codesela

    Os días XX XX tivemos unha exposición e charla sobre cómic e manga, a cargo do alumno Naím Codesela, que remata este curso a súa escolaridade connosco.    Esta é a entrevista que lle realizamos dende a biblioteca:   1) Cómo valoras a túa primeira ponencia ante tanto alumnado   O comezo estaba nervioso. Logo cando ía avanzando pasou tan rápido como a mesma actividade.   2) Con que grupo te resultou mais doado, cos maiores e menores.   Os pequenos non paraban de falar nin quiedos, pero eran mais colaboradores. Os maiores eran mais silenciosos e semellaban mais atentos.    3) Dende cando é o teu gusto polos cómics?   Dende 2º da ESO, aínda que en primeiro descubrín o ANIME.   4) Dende cando a túa paixón polo debuxo?   Empecei a ir a pintura en 1º da ESO. En segundo xa pintaba e ilustraba. Levo polo tanto 4 anos, pero antes os meus debuxos non eran bos.   5) Algunha vez pens...

eTwinning Spring Tale

      O alumnado de 6º de infantil do CPI de Mondariz, realizou un proxecto eTwinning sobre a primavera. Para elo contaron co seu profesor de AL Aarón, a súa titora Cris e a profe de apoio Yoli.           Durante o proceso, observamos os cambios na natureza antes, durante e despois da primavera; tanto nos animais como nas plantas. Aumentamos vocabulario, exercemos dotes artísticas, celebramos efemérides como o día da Terra, da nai, etc. Non faltou tempo para observar e xogar no aire libre, aprender poemas, e moitas cousas mais. Puidemos ver aos outros centros nunha conexión en directo.  Ao final tivemos o ansiado premio:   E o europeo:

eTwinning Patrimonio Europeo

O alumnado de 5º de infantil do CPI de Mondariz, realizou un proxecto eTwinning sobre patrimonio europeo, tema europeo do 2018 . Foi a temática elexida polo centro a proposta da biblioteca. Para realizalo contou co profe de AL Aarón e coa titora do grupo Anita. Primeiramente tivemos unha reunión cos pais e nais para explicarlles o que era o proxecto. Logo pedimos sinaturas para poder subir fotos dos rapaces ao proxecto. Cada semaniña fomos traballando un aspecto. Durante o proceso, compartimos a nosa cultura e vimos o de outros países. Tamén mostras de arquitectura, comidas, música, xogos, etc. Tampouco faltaron xogos e unhas conexións en vivo con alumnado de outros países. Fixemos unha síntese das cousas mais relevantes, pero senón invitámosvos a ver o proxecto no link que te levará a todo o proxecto Con este proxecto, obtivemos o Selo de Calidade Nacional: E o europeo:

Día da muller

O día 8 de marzo tivo lugar a efeméride no cole do Día da muller. A actividade elexida este ano foi a de cubrir os cabelos dunha muller con plumas de india con frases. Convidamos a que premades na foto ou no enlace para acceder ás fotografías. https://docs.google.com/presentation/d/1ggEMLBVZ8QwRhjF0h39g5uz-jKBDg10Cb6Yju3PW3Rg/edit?usp=sharing

Día do libro e apps

Ola: Hoxe veño a falarvos dunha boa app para alumnado e pais e nais, con motivo da celebración do Día do libro. Chámase Weeblebooks , onde ofrecen libros educativos gratuitospsra baixar ao móbil. Xurdiu no 2012cando un grupo de pais e nais viron a mala calidade dos libros de lectura que traían os nenos e nenas do cole a casa, e ante as preguntas de moitos ¿por qués? quixeron respinder de maneira amena e precisa.

día de Rosalía

    Como conmemoración do día de Rosalía de Castro, o ENDL colocou un recuncho conmemorando a esta autora coas obras que temos.         Podes aproximarte e ollar algún exemplar para levar prestado.        Para mais información ou adquirir outros exemplares, acércate á biblioteca nun recreo e non o dubides.    Tamén podes premer na imaxe e irás á web da Fundación Rosalía