Saltar ao contido principal

eTwinning Spring Tale

      O alumnado de 6º de infantil do CPI de Mondariz, realizou un proxecto eTwinning sobre a primavera. Para elo contaron co seu profesor de AL Aarón, a súa titora Cris e a profe de apoio Yoli.     
     Durante o proceso, observamos os cambios na natureza antes, durante e despois da primavera; tanto nos animais como nas plantas. Aumentamos vocabulario, exercemos dotes artísticas, celebramos efemérides como o día da Terra, da nai, etc. Non faltou tempo para observar e xogar no aire libre, aprender poemas, e moitas cousas mais. Puidemos ver aos outros centros nunha conexión en directo. 


Ao final tivemos o ansiado premio:

E o europeo:



Publicacións populares deste blog

A NENA LECTORA.

 "A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade.  O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora",  tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada. 

UNHA CANTERA DE ESCRITORAS E ESCRITORES

 

LECTURA O PRINCIPE FELIZ