Os días XX XX tivemos unha exposición e charla sobre cómic e manga, a cargo do alumno Naím Codesela, que remata este curso a súa escolaridade connosco.
Esta é a entrevista que lle realizamos dende a biblioteca:
1) Cómo valoras a túa primeira ponencia ante tanto alumnado
O comezo estaba nervioso. Logo cando ía avanzando pasou tan rápido como a mesma actividade.
2) Con que grupo te resultou mais doado, cos maiores e menores.
Os pequenos non paraban de falar nin quiedos, pero eran mais colaboradores. Os maiores eran mais silenciosos e semellaban mais atentos.
3) Dende cando é o teu gusto polos cómics?
Dende 2º da ESO, aínda que en primeiro descubrín o ANIME.
4) Dende cando a túa paixón polo debuxo?
Empecei a ir a pintura en 1º da ESO. En segundo xa pintaba e ilustraba. Levo polo tanto 4 anos, pero antes os meus debuxos non eran bos.
5) Algunha vez pensaches en ilustrar un libro ou ser ilustrador dalgún/a escritor/a?
Recentemente estou creando un cómic. Como ilustrador gústame ilustrar e plasmar en debuxo o que escribe a miña nai.
