Saltar ao contido principal

eTwinning Patrimonio Europeo

O alumnado de 5º de infantil do CPI de Mondariz, realizou un proxecto eTwinning sobre patrimonio europeo, tema europeo do 2018. Foi a temática elexida polo centro a proposta da biblioteca. Para realizalo contou co profe de AL Aarón e coa titora do grupo Anita.

Primeiramente tivemos unha reunión cos pais e nais para explicarlles o que era o proxecto. Logo pedimos sinaturas para poder subir fotos dos rapaces ao proxecto.

Cada semaniña fomos traballando un aspecto. Durante o proceso, compartimos a nosa cultura e vimos o de outros países. Tamén mostras de arquitectura, comidas, música, xogos, etc. Tampouco faltaron xogos e unhas conexións en vivo con alumnado de outros países.
Fixemos unha síntese das cousas mais relevantes, pero senón invitámosvos a ver o proxecto no link
que te levará a todo o proxecto



Con este proxecto, obtivemos o Selo de Calidade Nacional:






E o europeo:


Publicacións populares deste blog

A NENA LECTORA.

 "A nena lectora" é o título do libro que este curso lemos no centro en todos os niveis. O autor , Manuel Rivas, recolle a importancia da cultura como axente transformador da sociedade.  O premio para o alumnado mais participativo foi a excursión a Coruña, visitando a Fábrica de tabacos, onde a protagonista da historia traballou como "nena lectora",  tamén a Casa das Ciencias e o Museo de san Antón. A experiencia foi moi enriquecedora e o alumnado gozou das diferentes actividades realizadas durante a xornada. 

UNHA CANTERA DE ESCRITORAS E ESCRITORES

 

LECTURA O PRINCIPE FELIZ