Os días XX XX tivemos unha exposición e charla sobre cómic e manga, a cargo do alumno Naím Codesela, que remata este curso a súa escolaridade connosco. Esta é a entrevista que lle realizamos dende a biblioteca: 1) Cómo valoras a túa primeira ponencia ante tanto alumnado O comezo estaba nervioso. Logo cando ía avanzando pasou tan rápido como a mesma actividade. 2) Con que grupo te resultou mais doado, cos maiores e menores. Os pequenos non paraban de falar nin quiedos, pero eran mais colaboradores. Os maiores eran mais silenciosos e semellaban mais atentos. 3) Dende cando é o teu gusto polos cómics? Dende 2º da ESO, aínda que en primeiro descubrín o ANIME. 4) Dende cando a túa paixón polo debuxo? Empecei a ir a pintura en 1º da ESO. En segundo xa pintaba e ilustraba. Levo polo tanto 4 anos, pero antes os meus debuxos non eran bos. 5) Algunha vez pens...
Blo da Biblioteca do CPI de Mondariz